TRALLO a toupa
_____________TALPA EUROPAEA – TOUPA - TIOPA______________
INTRODUCCIóN- A maioría da xente ten unha lixeira idea relacionada coa natureza desta criatura, incluso cientificamente coñécese moi pouco. Isto débese quizais ó medio onde vive a toupa, sempre baixo terra. É complicado mantela en cautiverio, polo seu gran apetito.
Despois de consultar diferentes fontes de información , mais a observación directa cos feitos da toupa, cremos poder concluír o seguinte sen temor a grandes erros:
A toupa encóntrase en case toda Europa, Asia, África meridional e en Norteamérica. As súas variedades non son numerosas ( fálase dunhas 30 especies de toupas por todo o mundo), pero é posible que existan máis especies que se descoñezan. Os hábitos son similares en todas elas, con raras excepcións dalgunha que outra variedade.
Aquí ímonos centrar na TALPA EUROPEA.
ASPECTO FíSICO- A toupa non é da familia dos ratos, senón que pertence á orde mamífero insectívora, que quere dicir comedor de insectos.
Mide entre 12 e 18 cm. Pesa de 60 a 130 gramos
Ten uns dentes agudos, parecidos ós dos gatos; fociño longo, movible, que nos recorda o dun porco,relativamente espido, salvo algúns pelos,dos que proveñen a maioría da súa información sensorial (tacto). Algúns biólogos cren que ten sensores eléctricos e magnéticos moi pequenos no seu nariz que lle permiten andar polo seu mundo escuro.
A toupa vive nun mundo sensorial que está dominado polo cheiro e o tacto.
Ollos extremadamente minúsculos que son basicamente unha membrana moi fina, situados detrás do fociño e ocultos na pelaxe, só lle serven para detectar a claridade.
Non ten orellas, só ten uns buratos recubertos pola pel, mais ten unha audición aguda.
A súa cabeza ancha e deprimida está seguida xa do corpo cilíndrico, recuberto dun pelo agarimoso e moi denso,de cor escura a negra. ¡O pelo da toupa é tan particular! É máis gordo no centro do filamento que nos extremos. Esto axúdalle a estar libre de suciedade mais da auga, e ó non ofrecer resistencia en ningún sentido, a toupa pode moverse con toda liberdade nas súas galerías.
As patas dianteiras son fortes e robustas. Teñen a forma de un par de remos dirixidos cara a fóra do seu corpo. As mans son grandes e case redondas, con dedos e uñas fortes, preparadas para cavar o que faga falta.
As patas traseiras son máis largas e sinxelas, parecidas ás dos ratos. A función principal é empuxala a diante mentres as dianteiras están cavando.
Debido á constitución especializada de oso e músculo, a toupa pode exercer unha forza lateral, ó cavar, equivalente a 32 veces o seu peso corporal (Arlton, 1936).
Remata o seu corpo cun rabecho curto, cuberto de pelos tesos e duros; son sensoriais e poden recibir información das vibracións que pasan a través do chan, pero sen demasiada transcendencia para a toupa.
ALIMENTACIóN- A base da súa alimentación son as miñocas, pero tamén come insectos, vermes e larvas. A toupa é un animal que está activo de noite e de día. A investigación actual di que a toupa dorme e traballa en intervalos de catro horas. Mantense máis activa polas mañás cedo e ó anoitecer, pero iso non quere dicir que non estea en actividade o resto das horas, inclusive de noite, e durante todo o ano. Tal actividade créalle un apetito importante (pode comer ata un 70 ou 100% do seu peso corporal cada día, de aí lle vén a fama do “APETITO INSACIABLE”). De feito non aguanta moitas horas sen comer. A despensa encóntrase cerca do seu acolchado niño invernal. Como é moi previsora(e ten que selo) almacena centos de miñocas que morde xusto no sistema circulatorio quedando así a miñoca ríxida, pero viva sen poder escaparse; así asegura alimento fresco en caso de apuro.
Como dato curioso, a toupa europea diferénciase da toupa americana na característica dentaria. En América non había vermes hasta que estes foron introducidos de Europa, co cal, a toupa americana aínda se está adaptando á nova fonte de alimento e non demostra esta capacidade de almacenamento.
REPRODUCIóN- A femia ten dúas camadas por ano de 3 a 6 crías. Despois dun período de embarazo de 4 a 6 semanas. As crías pesan 3,5 gramos, nacen sen pelo e cegas.
Transcorridos os primeiros 14 días de vida, médralles o pelo e cando cumpren os 22, empezan a espelir de todo. Tanto o macho como a femia ocúpase do coidado e mantemento dos nacidos (se a femia morre, o macho abandona a cría). A nai dálles de mamar durante un mes chegando ós 80 gramos de peso. Ó cabo de dous meses escomenza a cavar pola súa conta. Chegando á madurez sexual ó cabo dun ano. Tendo de 3 a 5 anos de vida, dependendo da súa saúde.
HABITOS- Sábese que a toupa é un animal solitario, incluso teñen pelexas entre eles podendo chegar ata a morte. Indo un pouco más aló, as investigacións feitas por Donal e Lillian Stokes, que describen no seu libro Animal Tracking and Behavior (1986). As toupas son animais solitarios de adultos, evitando o contacto con outras toupas. Sen embargo, hai polo menos dúas excepcións. Unha delas é cando as femias están en celo, e os machos andan na búsquea das femias, incluso despois de estar emparelladas, poden estar circulando máis ou menos xuntos varias semanas. A outra excepción é que algúns túneles son utilizados de vez en cando por varias toupas. Estes túneles son, neste sentido, coma as nosas estradas. Seguen dicindo, que este uso comunal fai pensar que o sistema social destes animais sexa máis complexo do que nós pensamos.
Aínda máis, a nosa experiencia tamén nos di algo así, en terreos con desfeitas producidas pola toupa, temos pillado unha, e parar o movemento, e en zonas
semellantes,
ou máis pequenas, pillar 14, en menos dun mes.
Viven baixo terra, practicamente non se ven fóra dela. Gústalles a terra lixeira, ben drenada e algo húmida. Constrúen dous tipos de galerías subterráneas que se unen entre elas:

Superficiais e profundas.
-Os pasadizos superficiais son utilizados máis
ben no verán, e sobre todo despois de choivas quentes. A toupa vainos abrindo ( en busca de alimento), deixando na superficie o terreo avultado cara a arriba, eses regos de terra que cando os pisamos, afundimos os pés.Poden ser moi extensas.
Nestas galerías, se se considera necesario, é doado o control da toupa.
-Os canais profundos son utilizados durante todo o ano como niño e como despensa. Normalmente escolle as zonas ó redor das raíces das árbores.Cando traballa nestas galerías, de vez en cando saca para fóra a terra que lle sobra,
formando na superficie ese mon
tículos de terra tan característicos que nos indican os labores da toupa. Estes montículos, á súa vez, forman os respiradoiros para aumentar a cantidade de osíxeno nas
galerías.
Oken mantivo unha toupa nunha caixa de area por tres meses, observou o animal traballar, case tan rápido como un peixe se move na auga. ¡¡Impresionante!!
Así como ten un tacto sorprendente, unhas patas pala coma a mellor ferramenta,unha pel protectora máxica, tamén ten, dúas veces máis sangue, e dúas veces máis hemoglobina ca outros mamíferos do seu tamaño, permitíndolle a respiración fácil no seu medio subterráneo, baixo en osíxeno e alto en bióxido de carbono (Arlton, 1936).
Polo tanto, esta criatura está adaptada á vida subterránea coma ningunha outra. Aquí en Galicia e no norte de España é moi abondosa, podemos atopala en calquera sitio: prados, céspedes, cultivos....
Non ten moitos inimigos; un deles é o home, gatos, cans, raposos (que normalmente non a comen)
Emite un rechouchiar suave que, cando entra en combate, vólvese máis intenso.
DANOS E BENEFICIOS DA TOUPA- Cando vemos un dano na superficie do terreo, primeiro temos que determinar se realmente o culpable é a toupa.
A toupa é un mamífero que come insectos, non come raíces nin bulbos, aínda que se culpe a miúdo. Polo tanto, dun xeito natural controla os insectos indesexados. Cos túneles que fai, cambia partículas e materia orgánica do chan, axudando á mellor aireación do mesmo.
O dano maior da toupa, á parte do estético dos céspedes e xardíns,co afán que ten de escarvar, é o de separar a terra das raíces da planta, quedando esta sen alimento. Por outro lado, os túneles que fai a toupa, son utilizados por outros animais (da familia dos ratos) que si comerían as raíces das plantas.
Está en cada un de nós valorar o dano e sopesar o beneficio de este curioso animal, para ser consecuentes, e non romper o equilibrio da natureza.
CURIOSIDADES- A toupa e moitas veces confundida co topillo
mediterráneo,
Microtus duodecimcostatus (aínda que fisicamente non se parecen nada nin son da familia), debido á súa vida subterránea,
tamén fai canais superficiais, aínda que este último é
herbívoro e come tubérculos e raíces
de plantas, podendo chegar a ser un auténtico problema.
