TRALLO vantaxes
O caza-toupas TRALLO presenta moitas vantaxes respecto
|
caza toupas |
dos demais caza-toupas tradicionais:
-Foi deseñado concretamente para pillar estes animais sen producirlles dano.
-Sabemos que as toupas, cando atopan un atranco no camiño, cambian de dirección; é dicir, tratan de salvar tal atranco rodeándoo. Por iso este caza-toupas está deseñado de maneira que a toupa non teña que tocar, nunca, ningún elemento do mesmo. Conta cun disparador moi sensible que é activado polo simple movemento da terra que a toupa despraza no seu avantar subterráneo.
-Non é preciso escaravellar na terra para a súa colocación.
-Ó quedar parte do aparello fóra da terra, vese de contado calquera movemento producido pola acción do animal.
-Polo deseño, o TRALLO actúa sobre o animal en calquera dos sentidos que este leve no túnel.
-Pola súa consistencia, quen merca un TRALLO ten caza-toupas practicamente para a vida.
-Pódese manexar sen tocar para nada a toupa, unha vez pillada
